O DEPORTE MAIS AXEITADO SEGÚN A IDADE

Bebés ata 3 anos: os bebés teñen a capacidade de aprender a nadar, mais adiante comezan a gatear e despois a andar .



Nenos de 3 a 5 anos: non ten sentido nin vantaxe practicar deportes formáis. O importante é que os nenos practiquen actividades que lles dispoñen logo ao deporte como correr, dar poncho carneiro ou nadar, bailar, patinar...


Nenos de 6 a 9 anos: aquí xa teñen idade para poder entrenar as súas habilidades


Adolescentes: para este rango de idade da é bastante recomendable que se practique deporte polo menos dúas veces á semana. Os deportes de equipo son moi recomendables para os e as adolescentes


Adultos: básicamente igual que os adolescentes pero regulando un pouco o esforzo e os límites que teñas. Nesta franxa de idade e debido a que se trata de poboación activa, en ocasións é recomendable facer ioga, Taichi e relaxación. Tamén pilates para as persoas que teñen malas posturas ou están moito tempo no coche ou traballando sentados




Tercera idade
: chegaría con saír a camiñar, pasear ao can e ter coidado coa alimentación. Tamén é recomendable estirar todos os días os músculos



Pablo Concheiro. 4º de ESO.
CPI  DE CERCEDA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A SAÚDE FÍSICA E O DEPORTE

A ALIMENTACIÓN SAUDABLE